O Concello de Santiago, da man das concelleiras de Acción Cultural —Branca Novoneyra— e Igualdade —Marta Lois—, vén de asinar a Carta pola Igualdade MH nas Artes Escénicas. Trátase dun manifesto impulsado pola asociación Clásicas e Modernas, cuxo obxectivo é equilibrar a presenza de mulleres e homes na programación artística impulsada dende as institucións. Ao acto de sinatura, celebrado este xoves no Pazo de Raxoi, asistiron as actrices Mariana Carballal, Marta Pérez, Estíbaliz Veiga e Esther F. Carrodeguas.
Santiago súmase á Carta pola Igualdade MH nas Artes Escénicas
Asinar a Carta na capital cultural do país ten unha enorme carga simbólica
Carballal, representante da asociación, explicou que o proxecto Tempadas de Igualdade fixan un prazo de tres anos para avaliar a situación no tocante á paridade nas Artes Escénicas. Asemade, engadiu que a sinatura da Carta na “capital cultural do país” ten unha “enorme carga simbólica” e “arrastrará a outros moitas institucións públicas e privadas” a seguir o seu camiño.