A Fiscalía xa ten o expediente aberto contra Luciano Méndez

A Universidade de Santiago de Compostela considera que as súas polémicas palabras poden constituír un delito e, por iso, acaba de remitir o seu expediente á Fiscalía.

As opinións do profesor da Universidade, vertidas por el mesmo nas redes sociais a través de varios vídeos, xeraron unha forte polémica no eido estudantil e a USC decidira abrir inmediatamente un expediente sancionador para “determinar a repercusión dos feitos”. Sobre este asunto tamén se manifestou, en diversas ocasións, o reitor da Universidade, Antonio López, quen sempre considerou que a insititución compostelá debe actuar de xeito “contundente” ante unha acción que non ten “ningunha xustificación”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

A USC condena as declaracións de Luciano Méndez e abrirá un procedemento interno

Esta decisión, que confirmou a institución, prodúcese logo de concluír o expediente aberto a este docente por mor de varios vídeos colgados en redes sociais nos que criticaba á vítima de ‘La Manada’ e mostraba o seu apoio aos condenados.

As declaracións de Luciano Méndez, dadas a coñecer publicamente por Nós Televisión, provocaron hoxe a primeira reacción organizada do estudantado da USC que esixe a “expulsión” deste profesor

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -