Home Programas Espazo Aberto O sector mineiro deféndese ante as críticas do movemento ecoloxista: “Non saben moi ben do que falan”

O sector mineiro deféndese ante as críticas do movemento ecoloxista: “Non saben moi ben do que falan”

0
O sector mineiro deféndese ante as críticas do movemento ecoloxista: “Non saben moi ben do que falan”

O sector dos áridos celebra en Compostela o seu V Congreso Nacional coa idea de “explicar” o seu traballo á sociedade. Conscientes de que están no punto de mira e pouco despois de que se constituíra a Rede de Plataformas Compostela-Ulla-Tambre, defenden o seu sector.

O sector dos áridos defende a súa actividade e apelan a unha lexislación “moi dura”

Nós Televisión falou con Carlos Martínez, director da Asociación Galega de Áridos (ARIGAL) sobre o sector e as problemáticas que estarán presentes neste encontro que rematará o 26 de outubro. A entidade agrupa a 77 empresas que facturan, anualmente, 41 millóns de euros.

No Congreso, a través de sete mesas redondas, nótase a preocupación por certos temas que están de actualidade e dos que queren achegar a súa propia versión: a xestión medioambiental, a competencia desleal ou o compromiso coa sociedade.“É un congreso moi técnico mais queremos achegar información das nosas prácticas á sociedade”, explica, “queremos ter as portas abertas e explicar, por exemplo, que no noso sector a maior parte das empresas son pemes que teñen entre 5 e 15 traballadores”.

“Temos a lexislación máis dura”

Carlos Martínez defende que hai moita desinformación en relación ás empresas de extracción de áridos. “Facemos actividades con nenos e nenas que visitan as nosas canteiras e observamos que veñen con certa desconfianza por ideas preconcebidas e ao marchar sempre nos din que non era o que pensaban”, afirma.

O director de ARIGAL afirma que os áridos é a segunda materia prima máis importante logo da auga. “Está en todas partes”. Ese é o motivo polo que, asegura, non se pode prescindir da súa utilización.

“Temos a lexislación máis dura e as empresas deben cumplir unha serie de requisitos para poder traballar”, indica a Nós Televisión. Por este motivo Carlos Martínez non dubida en afirmar que en casos como o de Casalonga “se a normativa non o permite” non debería traballarse alí.