Home Programas Área Compostela O Outono fotográfico trae a Compostela a súa reflexión “Dentro e Fóra”

O Outono fotográfico trae a Compostela a súa reflexión “Dentro e Fóra”

0
O Outono fotográfico trae a Compostela a súa reflexión “Dentro e Fóra”

A fotografía voltará a protagonizar a cidade de Compostela e outras 24 localidades entre as que haberá tamén catro en Portugal. Trátase do festival Outono fotográfico que chega á súa 34º edición centrando a súa temática na reflexión en torno ao lema “Dentro e fóra”. A programación deste ano en Santiago presentouna en rolda de prensa no Pazo de Raxoi a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e o director do festival Xosé Lois Vázquez.

Nesta nova edición incorpóranse localidades novas como é o concello de Lalín como explicou Xosé Lois Vázquez, quen quixo tamén deixar clara a diferenza entre o Outono forográfico en relación a outros festivais.

Ademais das exposicións que se poderán visitar do 3 ao 30 de novembro nos centros Socioculturais do Ensanche, Conxo e Fontiñas o Outono Fotográfico trae a Santiago tamén algunhas actividades formativas como un obradoiro de iniciación á fotografía dixital e un obradoiro de fotografía dixital creativa que se realizarán no Centro Sociocultural de Pontepedriña, e un obradoiro de retoque fotográfico con lightroom que se impartirá no Centro Sociocultural de Conxo.