Home Programas Área Compostela Manuel Dios presenta Aula de Patrimonio

Manuel Dios presenta Aula de Patrimonio

0
Manuel Dios presenta Aula de Patrimonio

O Concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou esta mañá no Pazo de Raxoi o proxecto pedagóxico Aula Patrimonio, así como o programa de conciliación familiar de nadal.

O concelleiro indicou que, a pesar de non ser demasiada a oferta, “ninguén vai quedar fóra do programa, xa que sempre se trata de que todo o mundo teña praza”.

Aula de Patrimonio, impulsada polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, é unha actividade didáctica na que interactúan profesores e alumnos das quince cidades españolas Patrimonio da Humanidade. O intercambio dos nenos, de 5º e 6º de Educación Primaria, farase con rapaces procedentes da cidade de Toledo, mentres que os nosos terán como destino Segovia. Os rapaces traballarán arrredor de temáticas como o turismo ou os museos. A data límite de entrega do proxecto que realicen é o 15 de decembro.

Por outra banda, o responsable do departamento informou a tódolos pais dos nenos da cidade compostelá do programa de conciliación familiar de nadal. Este realizarase entre os días 22 e 30 de decembro e entre o 2 e o 5 de xaneiro.