Home Programas Área Compostela O CGAC comeza unha nova etapa relendo a súa colección

O CGAC comeza unha nova etapa relendo a súa colección

0
O CGAC comeza unha nova etapa relendo a súa colección

Reler a colección é o título dun novo proxecto do Centro Galego de Arte Contemporánea que estará aberta ao público ata o 2 de outubro. Deste xeito, o CGAC inicia unha nova etapa baixo a dirección de Santiago Olmo, con quen falamos no día de hoxe.

louise cabe
Fonte: CGAC

“O núcleo dun museo é unha colección: a súa colección. A colección é o símbolo patrimonial dunha memoria cultural. Un territorio e unha cultura constrúen a súa identidade desde a memoria. Para que a memoria sexa activa e non nostálxica debe ser crítica e autocrítica, disposta a revisarse de maneira permanente. A función dun museo é crear unha memoria e mantela viva a través dunha incesante relectura, interpretación e investigación, que cuestione, que incida nas perspectivas difíciles. As exposicións temporais están intimamente conectadas e ligadas á colección porque son outra vertente da memoria do museo, unha forma de enriquecer a colección e unha maneira de poder acompañar aos artistas máis próximos, aqueles que contribúen ao enriquecemento simbólico da cultura”

Este proxecto inclúe tres exposicións qu
e pretenden ser unha reflexión sobre o museo, a súa función social e a súa capacidade crítica para ser un axente dinamizador de debates.

Do mesmo xeito, Santiago Olmo afirmou que o CGAC estará atento tanto aos novos valores artísticos galegos como tamén ás actividades internacionais da arte contemporánea.

Máis información sobre a actividade