A Casa do Cabido acolle unha exposición do artista Camilo Otero

A exposición Camilo Otero. Raíces de Compostela comezou hoxe a súa andaina na Casa do Cabido e está centrada na obra deste artista de Santiago falecido no ano 2003 e estará á disposición do público ata finais do mes de setembro.

- Publicidade -

A maior parte da exposición conta con esculturas de pequeno formato de fundicións en bronce; algunhas delas, pezas únicas.

A exposición foi inaugurada nesta mañá polo Alcalde de Santiago, Martiño Noriega; acompañado por familiares de Camilo Otero e por membros da corporación municipal.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego