O BNG denuncia o “inverno industrial” que sofre Galicia

Denuncian o "efecto dominó" que está a acabar coa actividade industrial galega, e presentan unha serie de propostas para acabar coa "inactividade da Xunta"

Meirama, ALCOA, Ferroatlántica, Isowat, Vulcano… son as empresas ás que se refiriu o BNG como as vítimas do “fracaso da industria absolutamente colonial de Feijóo“, en palabras da deputada Noa Presas. Os claros culpables deste “empobrecemento da industria galega” son para o Bloque o claro abandono de Galicia nas medidas do Goberno Central por unha banda,  e os intereses da Xunta en non levar acabo políticas enerxéticas pola outra.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Por isto, nas vindeiras semanas presentarán tanto nas comisións como no Parlamento Galegp, unha serie de medidas a modo de “plan de choque” para rematar co “efecto dominó”: unha tarifa eléctrica galega, participación pública na toma de decisións e un modelo enerxético galego propio.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -