Renda Básica Universal, é preciso abrir debate

Esta medida social é considerada por moitos como o único xeito de manter un estado de benestar real e universal

A instauración dunha renda básica que asegure a cobertura das necesidade máis primarias é un tema que nestes últimos anos está a gañar moita popularidade. Manuel López, membro da Plataforma pola Renda Básica Universal de Compostela, explicanos por que.

Nun mundo no que o estado de benestar ven definido polo traballo, pero á vez traballar é algo que ninguén ten asegurado, abrir este debate resulta imprescindible. Para esparcir información sobre o tema e facer un chamamento social, explícanos Manuel que “desde a Plataforma estamos intentado organizar charlas en todos lados” e, de feito, a finais de marzo levaranse a cabo unhas xornadas na Coruña.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego