O BNG de Santiago propón adecentar o Parque urbano das Hortas

O portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, ao abeiro das negociacións dos Orzamentos para 2017, presentou en rolda de prensa algunhas das súas propostas entre as que figura adecentar o parque urbano das Hortas situado na parte posterior do Pazo de Raxoi.
Reclamou tamén habilitar instalacións cubertas para parques infantís, neste sentido recoñeceu que está aprobada unha actuación no marco dos orzamentos participativos mais sinalou “que ten unha partida absolutamente insuficiente”.
O voceiro do BNG no concello afirmou que demandará nos Orzamentos tamén o Plan Especial das Brañas do Sar. Ademais sinalou que se debería cumprir o acordo plenario para acondicionar a alameda de Santiago,cunha partida municipal plurianual para a posta a punto desta zona verde de Compostela.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -