O alcalde, Martiño Noriega, e o vicepresidente da Cámara de Comercio, Evaristo Rodríguez Carracedo, deron a coñecer en rolda de prensa no Pazo de Raxoi a decisión do xurado nesta XVII edición dos Premios Manuel Beiras, convocados conxuntamente entre Concello e a entidade cameral. Martiño Noriega explicou a decisión relacionada coas diferentes categorías.
Entre os premiados tamén hai novas empresas que empregan o galego dun xeito moi especial
Nesta edición o xurado acordou conceder unha distinción especial do Premio a unha empresa cun vínculo forte coa cidade.
Nesta edición do premio o concello apostou por darlle máis visibilidade a estes galardóns potenciando a figura de Manuel Beiras, co lema “Ti ben sabes o que importa”, en alusión ao pseudónimo “Eu ben sei”, que utilizaba Beiras nos seus artigos e publicacións.