Fronte os grupos da oposición, que denuncian que a proposta do Concello de Santiago provocaría a perda dos fondos europeos, o alcalde da cidade reiterou hoxe que a proposta presentada polo Concello de Santiago e avalada por científicos da USC, si permitiría salvar as axudas da Unión Europea malia que desde Raxoi son tamén conscientes de que os prazos son “axustados”.
Ademais, o alcalde fixo un chamamento para que o resto de institucións implicadas na obra estuden pormenorizadamente a proposta do Concello de Santiago.
A proposta que levamos é a mellor das posibles
É a proposta máis ambiciosa e “ventaxosa”, defenden desde Raxoi, pois suporía un custe estimado de practicamente da metade fronte a proposta do Souto e que contaría tamén con menores custes ambientais e enerxétivos.