Unha estrada, varios sinais e semáforos e, ao volante, unha ducia de rapazas e rapaces. O alumnado do colexio Apóstol Santiago e o de Vite inauguran o novo Parque Infantil de Tráfico, unhas instalacións que ocupan máis de 1.200 metros cadrados e que estarán en activo de xeito permanente no Recinto Feiral de Amio.

- Publicidade -

Como xa é habitual, Amio acolle o Parque Infantil de Tráfico

O espazo conta con bicicletas e karts a pedais cos que ensinar á cativada as principais normas de tráfico e seguridade viaria, un asunto que lles semella espertar un grande interese. Desde a Policia Local resaltan que se trata un espazo habilitado para que a cativada se “familiarice coas normas de circulación e cos sinais de tráfico” así como tamén para adaptarse como peón, ciclista ou condutor polos espazos urbanos.

Un espazo de aprendizaxe

Catro axentes da Policía Local acompañaron ás nenas e nenos polo circuíto, explicándolles a importancia de non distraerse mentres se conduce e prestar a máxima atención á estrada.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego