Home Programas Área Compostela “Non hai lugar ao NON do BNG de Compostela aos Orzamentos de Santiago”

“Non hai lugar ao NON do BNG de Compostela aos Orzamentos de Santiago”

0

O portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, afirmou en rolda de prensa estar moi satisfeito diante do proceso de negociación co grupo de Goberno sobre os orzamentos municipais. Deste xeito, o voceiro da organización nacionalista indicou que hai un compromiso por parte do goberno de Compostela Aberta de incluír 31 propostas da formación nacionalista nos orzamentos de Santiago.

“Aínda que nos non damos por concluida esa negociación, é evidente que estamos na fase final” Rubén Cela, Portavoz Municipal do BNG de Santiago

Entre as propostas incorporadas na última reunión de negociación figuran temas como o parque de bombeiros, a cuberta retráctil para a piscina de Sar ou a as xestións para a ampliación do aparcadoiro do CHUS. Con todo, Rubén Cela non quixo comprometer o apoio dos nacionalistas ata ter a “globalidade do pacto” co Goberno municipal.

Ademais, segundo explicou Rubén Cela, o goberno local aceptou engadir nos orzamentos a inspección dos servizos subcontratados, a inclusión da planta de compostaxe no prego de licitación do servizo de residuos, medidas de seguridade viaria para motoristas e en zonas escolares, un novo emprazamento para a Escola Municipal de Música e a creación dunha senda peonil ao Pedroso.

Martiño Noriega agarda un nivel de aceptación similar por parte do PSdeG-PSOE

Tamén esta mañá falou diante dos medios de comunicación o alcalde da cidade, Martiño Noriega para recoñecer os “pasos moi importantes” que se teñen producido nos últimos días nas negociacións co Bloque e a predisposición existente polas dúas partes para chegar a acordos. Tamén afirmou que o goberno local aspira a atopar a mesma vontade por parte do grupo socialist