Home Programas Área Compostela Aprobado o inicio do expediente de expropiación da vivenda situada no Lamas de Abade

Aprobado o inicio do expediente de expropiación da vivenda situada no Lamas de Abade

0

A Xunta de Goberno local do Concello de Santiago acordou iniciar o expediente de expropiación da vivenda situada no recinto escolar do CEIP Lamas de Abade.

Trátase da vivenda dunha antiga conserxe que xa non ten relación co centro e que impide unha ampliación das instalacións educativas. Martiño Noriega, afirmou que o Concello xa mediara para evitar esta situación chegando, mesmo, a ofrecer alternativas habitacionais á persoa afectada.