Home Programas Área Compostela “No Sáhara hai violacións dos dereitos humanos todos os días e o Estado español ten moita responsabilidade”

“No Sáhara hai violacións dos dereitos humanos todos os días e o Estado español ten moita responsabilidade”

0
“No Sáhara hai violacións dos dereitos humanos todos os días e o Estado español ten moita responsabilidade”

A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí convocou para hoxe unha concentración na Praza do Toural, en Compostela, para denunciar o xuízo contra os activistas saharauís “Grupo Gdeim izik”, demandando a súa liberdade. Na concentranción participaron varias deputadas do BNG, o portavoz desta formación no Concello e a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde de Santiago.

Non é a primeira vez que este grupo é xulgado polo réxime marroquí. En 2013 tiveron que facer fronte a un xuizo militar que se saldou con 25 condenados. Este proceso foi denunciado internacionalmente polas súas irregularidades, falsas acusacións e declaracións froito da tortura.