Home Programas Área Compostela O Correlingua 2017 remata na Praza de Quintana co berro de vivir “en galego, sen cancelas”

O Correlingua 2017 remata na Praza de Quintana co berro de vivir “en galego, sen cancelas”

0
O Correlingua 2017 remata na Praza de Quintana co berro de vivir “en galego, sen cancelas”

A praza da Quintana acolleu este mediodía o Correlingua 2017, unha carreira impulsada pola Asociación-Pedagóxica Galega, a CIG-Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística e varios concellos galegos. A finalidade deste acto é que a mocidade reflexione sobre a situación da lingua galega e sobre a importancia de defender o noso idioma. A proba celebrouse co lema “En galego, sen cancelas”. O alcalde de Santiago pronunciou un discurso no que invitou ao alumnado a “vivir e amar en galego”.

Neste acto, tivo lugar a entrega dos premios do concurso de animación da carreira para o alumnado que elaborara as mellores pancartas do Correlingua. Os dous primeiros premios foron para os institutos de Xelmírez I e Xelmírez II.