O concelleiro do PP de Santiago, Alejandro Sánchez-Brunete, amosou a súa preocupación hoxe en rolda de prensa pola renuncia de dúas empresas a ocupar dous dos postos concedidos no anterior proceso de adxudicación para traballar na Nave 5 da Praza de Abastos.
Hoxe Sánchez-Brunete (@PopularesStgo) preocupouse pola renuncia de 2 empresas a ocupar espazos na Nave 5 de Abastos https://t.co/TBCqAA19Jq pic.twitter.com/NPpmCGGUCJ
— Nós Televisión (@NosTelevision) 10 febreiro 2017
Resposta de Marta Lois
A concelleira de Turismo, Marta Lois, asegurou aos medios de comunicación que o concurso actual segue adiante e que os postos que quedan vacantes coa renuncia destas dúas empresas sairán a adxudicación co resto de postos baleiros que hai noutras naves da mesma Praza de Abastos.
A concelleira de turismo, @MLoisgonzalez, asegurou que o concurso de postos na nave 5 de Abastos “segue adiante” https://t.co/TBCqAA19Jq pic.twitter.com/RTPAZIElxT
— Nós Televisión (@NosTelevision) 10 febreiro 2017
O procedemento para a concesión de postos na Nave 5 da Praza de Abastos iniciouse o pasado 2 de febreiro coa apertura do prazo para optar a algún destes. Son un total de 7 locais cuxo prezo oscila entre os 12.024 e os 24.048 euros.