As emisoras de radio e o Concello celebrarán o Día da radio

Desde Raxoi colaborarán coas emisoras de radio na celebración do Día Mundial da Radio, o 13 de febreiro

Os medios de comunicación radiofónicos que cubren habitualmente a información municipal no Concello de Santiago presentaron está mañá en rolda de prensa unha novidosa iniciativa conxunta para visibilizar o Día Mundial da radio instaurado pola UNESCO e cuxa celebración terá lugar o vindeiro 13 de febreiro

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Na sala de prensa desta vez as preguntas realizáronas membros da corporación municipal

Para esta edición a UNESCO propuxo como tema “O papel da radio na construcción da nosa Cultura e Identidade”.

O día mundial da radio aprobouno a UNESCO en 2013 para salientar que é un medio de comunicación de baixo custo apropiado para chegar ás comunidades alonxadas e ás persoas vulnerables.

A voz das e dos xornalistas, nos semáforos da cidade

Deste xeito, desde o 13 ata o 19 de febreiro, os semáforos de varias rúas de Santiago empregarán as voces de nove locutores e locutoras dos programas locais.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -