Música na Almáciga: entrevistas e actuacións da música en galego

A música en galego ocupa un posto alto na programación e traballo de Nós Televisión, unha aposta que este ano ten como nome ‘Música na Almáciga‘, presentado pola xornalista cultural Xiana Arias e gravado no Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga co apoio da área de Mocidade do Concello de Santiago. 

Este Centro Xove é ideal para a descuberta de novos grupos emerxentes xa que por alí  pasan ducias de bandas para ensaiar, residir, intercambiar experiencias e aprender co apoio do persoal técnico que atende o centro municipal. É o caso de Chiskeiro, Xalundes ou Queen Rendi.

En Nós Televisión tamén levamos ao Centro Xove da Almáciga a artistas de referencia como Nuno Pico de Grande Amore, as Fillas de Cassandra e 9Louro. E non só! Á volta de verán chegará un novo capítulo con Ortiga con Fuego Lolita como banda emerxente.

Programas

Música na Almáciga (1) Con Nuno Pico e Chiskeiro

Música na Almáciga (2) con 9Louro e Queen Rendi

Música na Almáciga (3) con Fillas de Cassandra e Xalundes

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego