Música na Almáciga, con Nuno Pico e Chiskeiro

Nós Televisión estrea novo programa: Música na Almáciga. Un programa producido e realizado por nós, presentado pola xornalista e artista Xiana Arias, e gravado no Centro Xove de Creación Cultural que o Concello de Santiago ten na Almáciga. Un lugar polo que pasan decenas de bandas para ensaiar, residir, intercambiar experiencias e aprender, co apoio do persoal técnico que atende o centro municipal.

Neste primeiro episodio do programa, Xiana Arias entrevista a Nuno Pico, líder de Grande Amore, e aproveitamos tamén para coñecer a Chiskeiro, unha das bandas que ensaian neste Centro da Almáciga.

Programa feito pola colaboración do Centro Xove e do Concello de Santiago.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego