Home Programas Espazo Aberto Máis de 70 inscritas para a primeira asamblea da Rede Educativa de Apoio LGTB de Galicia

Máis de 70 inscritas para a primeira asamblea da Rede Educativa de Apoio LGTB de Galicia

0
Máis de 70 inscritas para a primeira asamblea da Rede Educativa de Apoio LGTB de Galicia
Manifestación do orgullo LGTB na Coruña.

O 28 de agosto de 2019 constituíase a Rede Educativa de Apoio LGTB en Galicia. As persoas que coordinan e participan dos equipos de apoio LGTB xa existentes en Galicia decidiron autoorganizarse. Cómpre lembrar que en moitos centros públicos de secundaria se crearon estes equipos de apoio e asambleas de alumnado LGTB, para rematar coas “conductas discriminatorias que poden culminar en situacións de violencia de xénero, acoso escolar homofóbico e delitos de odio”, segundo expón o comunicado de constitución da Rede.

A idea primeira é que as profesionais que titorizan a menores LGTB se coñezan, poidan asesorarse, apoiarse unhas a outras e “aproveitar os esforzos e recursos desenvolvidos ao longo destes ano”. O obxectivo de fondo: “desenvolver un traballo constante para garantir a igualdade na diversidade.”

O profesorado e persoas interesadas terán o seu primeiro encontro o sábado 5, na Facultade de Ciencias da Educación de Compostela. O éxito foi rotundo, con case 80 persoas inscritas.

“Que se cumpra a lei”

Unha das persoas promotoras é Ana Ojea, do Politécnico de Vigo e activista polos dereitos LGTB. Cóntanos que o perfil das inscritas é moi diverso, pero destaca o número de persoas con máis de 50 anos.

Ademais esixen á administración o cumprimento da lei 2/2014 “pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia.” Ana Ojea ten claro que non se está a cumprir e que “non se está incluindo a realidade LGTB nos centros de ensino.” Ademais, tamén solicitarán “unha formación axeitada para o proofesorado”.