Home Programas Espazo Aberto Xornada contra o porno machista e por unhas relacións libres e igualitarias

Xornada contra o porno machista e por unhas relacións libres e igualitarias

0
Xornada contra o porno machista e por unhas relacións libres e igualitarias

Na mañá do 2 de outubro tivo lugar unha xornada de debate sobre a educación afectivo sexual na era da “nova pornografía”, que basicamente é aquela que é distribuida por internet.

As xornadas, organizadas por Igaxes e Red Jóvenes, parten dunha premisa: “Internet é hoxe a fonte principal da educación sexual da xuventude”. Na súa gran maioría -en torno ao 95% segundo aos expertos- é pornografía “machista e vexatoria” que se xeneraliza cada vez antes a idades máis tempranas. Con estes debates, búscase atopar xeitos de educar e fomentar relacións sexuais igualitarias, libres e diversas.

Lluís Ballester é investigador da Universitat Illes Balears e estudou como a nova pornografía produciu cambios nas relacións interpersoais. Falamos tamén con Ana Ojea, profesora de secundaria e activista feminista queer, sobre o modelo de pornografía hexemónico baseado na heteronormatividade, que exclúe a diversidade. Ojea tamén nos lembrou que malia seren minoritarios, hai outros tipos de pornografía máis respectuosos e non tan ‘infectados’ polo heteropatriarcado. Ela tamén é profesora e titora LGTBIQA+, e pensa que o seu alumnado “non se ve reflectido” no porno mainstream.

Jorge Marín, da USC, é experto en novas masculinidades. Preguntámoslle polo modelo de ‘ser home’ que difunde a pornografía e como fuxir del. Ante isto, que non é sinxelo, unha das chaves é educación en sexualidade en todas as fases, desde a primaria ata a universidade.