O deputado do BNG, Luís Bará, foi onte o protagonista do día ao protagonizar unha polémica actuación na tribuna do Parlamento Galego. O deputado nacionalista rachaba unha foto do monarca español para amosar o seu rexeitamento ante a “deriva regresiva e autoritaria” contra os principios democráticos.
No Estado español está en perigo a liberdade de expresión
Bará defende ante as cámaras de Nós Televisión a súa polémica actuación
“Empregan a lei mordaza para amendrentar á cidadanía” Hoxe conversamos con el sobre a súa actuación simbólica ao mesmo tempo que se coñecía a vontade do Presidente do Parlamento Galego e do propio PP de estudar accións legais contra este deputado do BNG.
“É liberdade de expresión”. O deputado do @obloque, @LuisBaraGz, defende a súa acción de onte na que rachaba unha foto do Rei no Parlamento Galego pic.twitter.com/iTVIccE5Ry
— Nós Televisión (@NosTelevision) 12 de abril de 2018