Home Programas Área Compostela A historia de Compostela, contada por fascículos

A historia de Compostela, contada por fascículos

0
A historia de Compostela, contada por fascículos

Unha viaxe no tempo a través dunha serie de cadernos ilustrados que relatan a historia da capital galega. O Concello de Santiago presenta, en colaboración co colectivo ‘deHistoria’, a colección “Cadernos de Compostela”, composta por pequenos libros que amosan un “relato diferente” da cidade. Por medio destas publicacións, relataranse episodios tan transcendentais coma as protestas estudantís de maio do 68 ou un percorrido polas festas, desfiles e procesións da cidade. A primeira entrega ubícase no século XII, cando a cidade era asediada pola raíña Dona Urraca en pleno conflito pola coroa do Reino de Galicia.

Os libros ilustrados semellan ser pequenos “cadernos de viaxe”

O trazo máis peculiar desta colección é o seu formato: pequenos libros de entre 20 e 40 páxinas que simulan un caderno de viaxe. Este primeiro caderno terá unha tiraxe de 10.000 exemplares, que serán distribuídos a través dos centros escolares, centros socioculturais e as prazas e mercados da cidade.