Home Espazo Aberto Cultura Galicia, “a outra fin da terra”, no Gran Desfile das Nacións Celtas do Festival de Lorient

Galicia, “a outra fin da terra”, no Gran Desfile das Nacións Celtas do Festival de Lorient

0
Galicia, “a outra fin da terra”, no Gran Desfile das Nacións Celtas do Festival de Lorient

“A outra fin da terra. Ao final do camiño, a alegría e a calor dos celtas do sur”, con este lema, Galicia é a protagonista desta 49ª edición do Festival Intercéltico de Lorient polo que pasarán, ata o 11 de agosto, artistas como Milladoiro, Xosé Lois Romero & Aliboria, Abraham Cupeiro, Tiruleque, Carlos Núñez, Mercedes Peón, a Banda de Música de Forcarei ou o Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina.

A delegación galega do Festival Intercéltico de Lorient, integrada por máis de 300 artistas, participou durante este domingo no Gran Desfile das Nacións Celtas, un encontro cultural que nesta edición dedicou a súa anual homenaxe á Comunidade, ao conmemorar o Ano de Galicia.

O desfile tivo lugar polas rúas da cidade francesa de Lorient e contou coa participación de máis de 3.500 músicos, cantantes, bailaríns, artistas visuais e académicos cineastas procedentes das rexións celtas (Asturias, Bretaña, Cornualles, Escocia, Illa de Man, Irlanda, Gales e Galicia). O evento foi seguido en directo por máis de 70.000 persoas, segundo sinalou a Xunta nun comunicado de prensa.