“Non só facemos un traballo de lembranza da nosa riqueza cultural senón tamén de fomentalo no día a día”, sostén o alcalde de Rianxo ante as cámaras de Nós Televisión. Adolfo Muíños ten en alta estima o legado que deixa na vila figuras do talante de Castelao, Manuel Antonio ou Rafael Dieste e considera que a mellor forma de loitar pola cultura é “fomentala día a día”. Nese traballo do cotiá, Muíños apela á necesidade de crear un marco forestal galego para evitar as vagas de lumes como a que este pasado mes de marzo calcinou na comarca máis de 850 hectáreas. Entramos no Concello para falar co alcalde de Rianxo dende hai xa oito anos.
Inicio Espazo Aberto
Adolfo Muíños: “Temos a obriga de facernos merecedores do patrimonio cultural de Rianxo”
O nacionalista Adolfo Muíños é alcalde de Rianxo dende o 2011 sendo xa máis de oito anos traballando "para que Rianxo sexa un referente cultural"