As cifras indican que estas pasadas Festas da Ascensión superaron en 5.000 persoas o número de asistentes en relación coas do ano pasado acadando as 60.000. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, fixo en rolda de prensa unha valoración moi positiva deste dato.
O alcalde, Martiño Noriega, valorou positivamente esta mañá os resultados das Festas da Ascensión pic.twitter.com/QF3Kw8yEGk
— Nós Televisión (@NosTelevision) 29 de mayo de 2017
O Desfile da Guerra das Galaxias xuntou a máis de 4.000 persoas no Obradoiro
Martiño Noriega tamén salientou o record de asistentes á Festa dos maiores e á feira cabalar de Amio. Segundo informou o alcalde máis de 4.000 persoas asistiron aos bailes dos cabezudos os días 24 e 25 e os primeiros datos da Policía Local falan de que o desfile de homenaxe á saga da Guerra das Galaxias reuniu o pasado sábado a unhas 4.000 persoas na praza do Obradoiro.