O Concello de Santiago e a Coordinadora Galega de ONGD promoven a segunda edición de Compostela + Solidaria, un programa de sensibilización con máis de 30 actividades enfocadas á promoción dos dereitos humanos. Foi presentado en rolda de prensa pola concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, que fixo fincapé na solidariedade desta iniciativa.
Concha Fernández e a vogal da @cgongd, Lorena Seijo, presentaron as actividades desta nova edición de "Compostela + solidaria" pic.twitter.com/iy6RxK999T
— Nós Televisión (@NosTelevision) 29 de mayo de 2017
Concha Fernández “Compostela será a capital da solidariedade”

Lorena Seijo, vogal da Coordinadora Galega de ONGD, salientou que coas actividades desta segunda edición de Compostela + Solidaria se quere reivindicar a necesidade de reocupar os nosos dereitos.
Actividades ata o 16 de xuño
Esta programa de sensibilización, que inclúe actividades para todas as idades, levarase a cabo do 29 de maio ao 16 de xuño.
Programa completo de actividades