Familiares e vítimas do Alvia esixen “Verdade, xustiza e reparación”

Moitas tarefas pendentes no cuarto aniversario do sinistro de Angrois

“Verdade, xustiza e reparación” foi o berro que se escoitou hoxe en Compostela por parte de familiares das vítimas do accidente ferroviario do Alvia en Angrois hai catro anos. A protesta comezou diante da estación de tren de Compostela onde o presidente da Plataforma de Vítimas do Alvia, Jesús Domínguez, explicou aos medios de comunicación que hoxe era “un día de lembranza” mais tamén para “esixir responsabilidades”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Na manifestación participaron membros de todo o arco parlamentario galego a excepción do Partido Popular que rexeitou estar presente. O voceiro de En Marea, Luís Villares, salientou que había que rematar con esta vergoña.

Tamén participou na manifestación a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que quixo lembrar o momento difícil de dor colectiva que están a pasar as familias e as vítimas considerando “indecente” a situación actual.

Por parte do PsdeG-PSOE o seu portavoz, Xaquín Fernández Leiceaga, amosou a súa solidariedade coas vitimas e os seus familiares e pediu que se formara canto antes a comisión para depurar responsabiliddaes.

A deputada no Congreso de En Marea Alexandra Fernández explicou que chegar a ter unha comisión de investigación estase a converter nunha carreira de obstáculos.

Ana Miranda, do BNG, explicou a importancia do apoio europeo para que a Comsión esclareza o acontecido.

O accidente do Alvia en Angrois foi o maior acontecido no Estado español co resultado de 81 mortos e máis de 140 persoas feridas. Catro anos despois a única responsabiliddae do acontecido reaceu no maquinista desa viaxe e hai moitas zonas escuras que as vitimas e familiares esixen que se esclarezan.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -