Sete formacións políticas asinan en Compostela un manifesto internacionalista impulsado por Agora Galiza

Conversamos coas persoas protagonistas do manifesto impulsado polo independentismo galego

Compostela acolleu hoxe a sinatura dun manifesto internacionalista un día antes do Día da Patria. A iniciativa foi de Agora Galiza e participaron representantes de Boltxe de Euskalherria, a CUP dos Païses Cataláns, Comunistas de Castilla, Iniciativa Comunista de Madrid, Nación Andaluza e a Plataforma Laboral e Popular de Portugal.

Conversamos con Carlos Morais (Agora Galiza), Rosa Gómez (Comunistas de Castilla) e con Anna Gabriel (CUP) sobre o manifesto e sobre o conxecto actual dun Estado español que, en palabras das e dos impulsores do manifesto, “non deixa moitas portas abertas” para calquera tipo de reforma.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

No manifesto as formacións políticas asinantes explican que “é imprescindible vertebrar unha internacional que contribúa a coordinar as loitas da clase obreira, das mulleres e dos pobos a escala mundial”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -