Falta de consenso no Parlamento para reclamar a recuperación do Pazo de Meirás

En Marea e PP presentan por separado cadansúa proposición non de lei para instar ao Estado a seguir os pasos da Comisión de Expertos e proceder á devolución do Pazo ao dominio público

O informe publicado esta semana pola Comisión de Expertos sobre o Pazo de Meirás, que posibilita a devolución do edificio ao dominio público, precipitou unha morea de acontecementos. Neste documento, propúñase a recuperación do Pazo pola “forza de uso” como inmoble de Estado.

En Marea viña traballando nunha proposición non de lei de consenso entre os catro grupos da Cámara, pero a iniciativa impulsada onte polo PP de xeito “unilateral” dinamitou calquera opción de logralo. O PSdeG-PSOE desmarcouse do proxecto esta mañá, namentres o BNG fixo o propio no último intre.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

A hipotética indemnización á familia Franco, un dos principais inconvintes

A cuestión que máis preocupa a En Marea e BNG é a hipotética indemnización á familia Franco pola expropiación. Con todo, o PsdeG-PSOE anunciou hoxe que apoiará a proposta do PP presentando unha emenda para “mellorar” o texto, e insta a que se sumen os demais grupos. Para Fernández Leiceaga, o principal e sumar esforzos nos puntos en común dos diferentes partidos e evitar cuestións que os poidan “dividir”.

A proposición do PP fai un chamamento ao Goberno do Estado a executar as “accións legais” recollidas no informe da Comisión e, polo tanto, explore as opcións posíbeis. Porén, a falta de coñecer a posición definitiva do BNG, En Marea seguirá adiante co seu proxecto, e confía en obter finalmente o apoio da Cámara ao longo do mes de xullo.

E as Estatuas de Abraham e Isaac

A falta de consenso sobre a devolución do Pazo contrasta coa unanimidade que se viviu no Pazo de Raxoi sobre as estatuas usurpadas pola familia Franco ao Concello de Santiago. Hoxe mesmo vimos de coñecer que o vindeiro 15 de outubro terá lugar a vista preliminar do procedemento xudicial aberto tras a demanda formulada polo Goberno local tras denunciar, en reiteradas ocasións, que toda a documentación presentada demostra que o Concello é o lexítimo propietario das dúas pezas

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -