
O colectivo de axentes forestais e medioambientais da Xunta de Galicia realizou este xoves unha manifestación ante o edificio de San Caetano, co obxectivo de lograr un acordo co Goberno galego para renovar o seu convenio laboral, ao considerar que está xa “obsoleto”. Esta mobilización, na que participaron máis de 200 persoas, produciuse logo de varios meses de infructuosas negociacións nas que a executiva de Núñez Feijóo non deu o seu brazo a torcer.
Non se descarta a folga indefinida dende agosto
En consecuencia, as e os axentes forestais veñen de convocar unha folga para os días 25 e 26 de xullo, é dicir, nunha época de alto risco de incendios no país. Así e todo, de non acadarse un acordo entre ambas partes, convocaríase folga indefinida a partires do 1 de agosto.