Esta Semana Santa, pode ser unha boa ocasión para ver algún dos audiovisuais que ten producido e realizado Nós Televisión nos últimos tempos. Se aínda non tiveches ocasión de sentar a ver completo o programa de videopodcast O Vagón, presentado por Luís Pardo, e gravado no interior dun tren na Estación de Vedra, non o dubides e dalle ao play!
As irmás Sabela e Olaia Maneiro de Tanxugueiras; o futbolista Borja Iglesias; a comunicadora Carolina Iglesias; o humorista Xosé Antonio Touriñán, e o músico Xabier Díaz protagonizan os 5 primeiros episodios deste programa que terá continuidade nos vindeiros meses con novos capítulos que prometen sorprender.
E se o teu son as conversas divulgativas. Aquí propoñemos varias das últimas que realizamos: Un par delas sobre a importancia de seguir a Dieta Atlántica, co cardiólogo José Ramón González Juanatey e a pediatra Rosaura Leis.
Ou a serie de conversas sobre os retos, desafíos e oportuniddades que nos vai traer a Intelixencia Artificial.
E se o teu é a música, o novo programa de Nós Televisión gravado na Factoría de Ames é a túa opción. Presentado pola xornalista Xiana Arias, o primeiro capítulo descúbrenos a un Luís Fercán moi próximo e apegado a Galicia, así como ao grupo Glasgow15. Mira, mira!
Moito que ver e que aprender neses días de lecer. Non o dubides! Engánchate ao audiovisual galego!



