Froito do proceso de Orzamentos Participativos do 2017 xurdiu “Elas tamén pintan“, unha actividade que pretende dar visibilidade e recoñecemento ás artistas locais ao tempo que se visibiliza ás numeras mulleres na historia da arte urbana. Deste xeito, quérese fomentar esta práctica entre as mulleres máis novas.
- Máis información: Inscricións abertas para Elas tamén Pintan!
Deste xeito, realizaranse unha serie de obradoiros dirixidos especificamente á mocidade de Compostela, no que se anime especialmente ás mozas a ver a cultura da arte urbana como un espazo no que elas tamén teñen moito que dicir.
A pesar do boom que está a experimentar a arte urbana na actualidade, o contexto do graffiti continúa a ser un territorio fundamentalmente masculino
A matrícula para os obradoiros xa está aberta. Máis info e inscricións en dptoxuventude@santiagodecompostela.gal ou no 981 543 001.
Bloque 1.
- 22, 29, 30 de xuño e 6, 7, 13 e 14 de xullo.
Grupo 1 de 16 a 18 horas.
Grupo 2 de 18 a 20 horas.
Bloque 2.
- Grupo 1A. 20 e 21 de xullo de 10 a 14 e de 16 a 20 horas.
- Grupo 2A. 22 e 23 de xullo de 10 a 14 e de 16 a 20 horas.
- Grupo 2B. 27 e 28 de xullo de 10 a 14 e de 16 a 20 horas.
- Grupo 1B. 29 e 30 de xullo de 10 a 14 e de 16 a 20 horas.