Coa chegada do verán que mellor que gozar da música en directo no exterior. Esa é a idea que tivo o colectivo Desconcierto Cultural cando hai sete ano comezaba a anadina do ciclo de música en espazos singulares Terrazeando. A edición deste ano presentárona nos xardins do Hotel NH Collection o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o secretario da asociación, Álvaro Álvarez.
Música en terrazas, parques e outros espazos singulares da cidade
A asociación organizadora quixo desde os inicios desta iniciativa dar a coñecer a música independente e ao mesmo difundir que na cidade hai lugares como parques, xardíns ou terrazas con personalidade propia.
Toda a música, de balde
Todos os concertos serán gratuítos grazas á colaboración do concello e de varios patrocinadores. Desconcierto Cultural é unha asociación cultural galega sen ánimo de lucro con 180 socios que deciden cada ano a programación e os lugares onde se celebrarán estas actuacións.