Documentais e series web realizadas por Nós Televisión para ver neste 8 de marzo

O compromiso cos feminismos é un dos sinais de identidade de Nós Televisión. Por iso, a perspectiva feminista e a abordaxe da historia das mulleres forma parte do noso traballo que reunimos nesta peza a raíz do 8 de marzo.

A historia da coruñesa Irene G. Basanta

‘Mamá, futbolista quero ser’, o documental producido e realizado por Nós Televisión no 2024, coa colaboración do Concello da Coruña, sobre a herculina Irene González Basanta, a que foi a primeira futbolista profesional en cobrar de todo o Estado, está nominado a Mellor Documental do Ano nos Premios Panenka.

Nosoutras, as mulleres da revista Nós

A primeira serie audiovisual sobre as mulleres da revista Nós, ‘Nosoutras, as mulleres da revista Nós‘, realizada por Nós Televisión foi finalista aos Premios Mestre Mateo na categoría de Mellor serie web.

Irmás na Fala

As mulleres das Irmandades da Fala contan cunha serie documental, ‘Irmás na Fala‘, un traballo audiovisual realizado por Nós Televisión coa produción da Real Academia Galega e o apoio económico do Concello da Coruña. A serie aborda en catro capítulos a historia das irmandiñas que desde 1916 pularon pola lingua e cultura galega.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego