Couceiro, a resistencia das librarías en galego ante a covid-19

O galego loita pola súa permanencia nas librarías ante as dificultades económicas e sociais agravadas coa chegada da covid-19

A incerteza e os obstáculos sempre abafaron ás librarías, sobre todo as que apostan polas letras galegas. A chegada da covid-19, e as súas consecuencias, agravou a situación do libro en galego. Entramos na libraría Couceiro que, dende os seus inicios, fixo fronte a infinitos obstáculos para recoller coñecementos e consellos á hora de artellar a resistencia das nosas librarías ante a covid-19.