More

    E ti, estás á última das novidades na música galega? Móvete con GZ Música!

    A equipa de GZ Música xa está a preparar un novo programa para Nós Televisión que contará coa presenza de Guadi Galego e Son da Rúa

    GZ Música é unha referencia á hora de abordar a actualidade musical galega. En cada programa achega os últimos videoclips das bandas galegas, estreas de discos, concertos e entrevistas en profundidade coas artistas máis recoñecidas do panorama musical galego. Imprescindíbel para estar na onda do noso!

    Dende Nós Televisión apostamos pola música galega e en galego e polas iniciativas sociais que pulan por ela. Cada mes traémosvos á nosa televisión un novo programa de GZ Música. Tamén podedes atopar os programas que xa emitimos aquí, na nosa canle de Youtube. Móvete con GZ Música!