More

    Nós Televisión xa ten conta no Instagram!

    Podedes atoparnos en instagram.com/nostelevision

    A equipa de Nós Televisión traballa coa vontade de ser a televisión galega á que podes acceder a través de todas as pantallas. Por iso, esforzámonos cada día por mellorar a nosa programación baseada en contidos galegos e en galego no dial 119 de R. Imos máis aló e nutrimos a nosa canle de Youtube, Facebook, Twitter... e agora decidimos abrir unha nova conta na rede social Instagram. Queremos escoitarvos e achegarvos todos os nosos contidos audiovisuais. Segue e súmate a Nós Televisión!