Home Programas Área Compostela Compostela será sede do III Congreso de Cooperación Internacional

Compostela será sede do III Congreso de Cooperación Internacional

0
Compostela será sede do III Congreso de Cooperación Internacional

Boas novas para Santiago de Compostela. A cidade será a sede da terceira edición do Congreso de Cooperación Internacional no eido da Medicina, que se baseará na defensa da “xustiza social” e o “dereito universal” á atención médica e o acceso aos medicamentos. O presidente do Colexio de Médicos da Coruña, Luciano Vidán, mantivo este mércores unha xuntanza co alcalde, Martiño Noriega, para valorar este “importante logro” para a cidade.

Celebrarase en febreiro de 2019

O Congreso celebrarase os días 21 e 22 de febreiro do vindeiro ano 2019 e atraerá á cidade a preto de 600 profesionais da Medicina. Martiño Noriega asegura que o seu Goberno segue a traballar na captación de eventos coma este e salienta o “positivo impacto económico” que deixan na cidade.