Home Programas Espazo Aberto Carballo, cinco anos apostando pola compostaxe

Carballo, cinco anos apostando pola compostaxe

0
Carballo, cinco anos apostando pola compostaxe

A experiencia da compostaxe esténdese no concello de Carballo que xa conseguíu eliminar dos colectores verdes máis de 100 toneladas de residuos sólidos urbanos (RSU) ao ano, e traballan para que a cifra vaia en aumento. Nestes momentos, dispoñen de 223 composteiros distribuídos polo concello, na súa maior parte en vivendas do rural, pero tamén os utilizan colectividades como a Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM), a Asociación Ambiental Senda Nova ou a Escola Municipal de Hostalaría.

Despois de cinco anos funcionando, o sistema de compostaxe ten cada vez máis demanda no concello, e por iso acaban de xestionar con Sogama a adquisición de 50 novos composteiros. As persoas interesadas poden solicitalos a partir do 2 de agosto presentando no Rexistro Municipal un formulario que podedes atopar aquí.