Home Programas Área Compostela Camións de alta tonelaxe acceden ao vertedoiro de Miramontes por un vial restrinxido

Camións de alta tonelaxe acceden ao vertedoiro de Miramontes por un vial restrinxido

0
Camións de alta tonelaxe acceden ao vertedoiro de Miramontes por un vial restrinxido

A plataforma de afectados polo vertedoiro de Miramontes en Compostela denunciou nun comunicado que o pasado luns 21 de maio vehículos de grande tonelaxe accedían a descargar asúa carga polo vial denominado Camiño de Gandarón, limitado a 5,5 toneladas. Ese mesmo día mativeron unha reunión en Raxoi pola mañá co alcalde, Martiño Noriega, e o Concelleiro de Medio Ambiente e Urbanismo, Xan Duro para explicarlles a súa situación.

Aviso á Garda Civil

Ao mediodía a veciñanza avisa á Garda Civil de Tráfico das irregularidades que están a cometer os tranportistas que acceden ao vertedoiro e solicitan vixilancia na intersección do Camiño de Gandarón coa estrada DP -7804 (Val de Dubra-Santiago) km 19. A partir da chegada dos axentes varios camións son multados ata que cesa o tráfico ilegal.

Imaxe cedida pola Plataforma de afectados polo vertedoiro de Santiago de Compostela

Policia Nacional e transportistas

Segundo informan membros da plataforma, varios camións de grande tonelaxe agardaron a que marchara a Garda Civil para reiniciar o paso polo vial malia ter sido multados con anterioridade. Nesta ocasión, e para sorpresa da veciñanza, acompañan aos camións tres vehículos da Policia Nacional.

“Resultounos tan sospeitoso coma incomprensible o feito de que, despois de ter estado multando, subira un camión ao vertedoiro precedido dun coche de Policía e seguido por outros dous”, sinalan desde a Plataforma, “unha imaxe que semella máis unha presunta escolta policial que o fruto dunha mera casualidade”.