A folga indefinida convocada por traballadoras e traballadores da Escola Municipal de Música quedou desconvocada desde o día de hoxe pola tarde. “Tomamos esta decisión logo de que o concello accedese a dúas das nosas tres demandas sinaladas no comunicado de onte”, apuntan nas redes sociais, “como sinal de boa vontade e tendo coñecemneto de que o concello está a traballar na orde formal de prórroga da concesión da EMM”.
No mesmo texto instan ao alcalde de Santiago a “que antes deste xoves ás 14h. Teña redactada e asinada a orde de prórroga do servizo para termos certeza definitiva da continuidade dos nosos postos de traballo e do proxecto educativo da escola”. As traballadoras e traballadores indican que caso de non ser así “iniciaríamos un novo calendario de mobilizacións sen descartar unha nova convocatoria de folga”.