Home Programas Dentalk, saúde bucodental en galego ‘Dentalk!’ despide temporada cun programa sobre o bruxismo

‘Dentalk!’ despide temporada cun programa sobre o bruxismo

0
‘Dentalk!’ despide temporada cun programa sobre o bruxismo

O programa sobre saúde dental en galego remata temporada en Nós Televisión. E faino cunha nova entrega adicada a un dos problemas bucodentais máis frecuentes, o bruxismo. Apertar os dentes polo día, ou o que é máis habitual, pola noite, é algo ao que moitas persoas se enfrentan a cotío. Neste programa, o doutor Pardiñas, da Clínica Dental Pardiñas, analiza as posibles causas e que tratamentos existen para solventar este problema.

Oito meses en antena

Desde xullo de 2021, un total de 13 programas conducidos polo doutor Pardiñas solventaron algunhas das dúbidas máis frecuentes sobre a saúde das nosas bocas, dentes e moas. Tanto na nosa web como no 119 de R, as citas co doutor Pardiñas chegan ao seu fin, aínda que seguirá tan activo coma sempre nas súas redes sociais e canle de Youtube.

A canle Dentalk

Dentalk!, é a canle dental de YouTube con máis visitas do mundo, superando en 2020 os 100 millóns de visitas. Os seus vídeos atópanse en trece idiomas diferentes para chegar a todos os recunchos do planeta, como o español, inglés, portugués, francés, alemán, italiano, ruso, chinés, árabe, xaponés, hindi, hebrero e galego. Precisamente o galego é unha das apostas da súa clínica dental, promovendo deste xeito a lingua da nosa terra.