Bota a andar o xurado do concurso de ideas sobre o bordo litoral da Coruña

Xulio Ferreiro presidiu a mesa na que participan todos os grupos da Corporación, representantes de institucións públicas e profesionais

O xurado do Concurso de Ideas sobre o bordo litoral quedou constituído onte coa primeira xuntanza no Pazo de Maria Pita. Presidido polo alcalde da cidade, Xulio Ferreiro, nel participan profesionais de ámbitos como o urbanismo, a arquitectura, e a paisaxe, ademais da propia Universidade da Coruña.

Tamén forman parte deste organismo representantes de entidades e institucións implicadas no futuro da cidade e membros de todos os grupos da Corporación Municipal.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Xulio Ferreiro amosou a súa satisfacción de constituir “un xurado realmente plural que conta con persoas moi relevantes no seu sector”.

Este organismo, coa colaboración dun comité asesor integrado por destacadas voces da sociedade civil coruñesa, deberá analizar as 17 propostas presentadas no marco do concurso de ideas.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -