Home Programas Área Compostela “Querémonos vivas, querémonos libres”

“Querémonos vivas, querémonos libres”

0
“Querémonos vivas, querémonos libres”
SONY DSC

O mal tempo non foi quen de evitar que a Praza do Obradoiro fose un berro unánime contra as violencias machistas. Nove institutos de Compostela, Val do Dubra e Teo acudiron á chamada para dar lectura a un manifesto e a participar nunha acción reivindicativa creada pola deseñadora Uqui Permui.

A tenente de alcalde, María Rozas, comezou o acto comezou afirmando que “a violencia contra nós, contra as mulleres é a forma máis extrema de desigualdade, pero non é a única” para seguir sinalando que “temos que enfrontarnos a situacións machistas que non podemos pasar por alto como sociedade”.

O manifesto

A declaración institucional aprobada polo Concello no último pleno recolle a importancia de que se continúen “impulsando as medidas recollidas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero” e se reafirma a vontade de “seguir avanzando tamén nas institucións e non podemos caer na falsa imaxe de que porque sexa máis visible ou haxa un marco legal máis amplo é suficiente”.