Home Programas Espazo Aberto CCOO de Galicia celebra os 40 anos do seu primeiro Congreso

CCOO de Galicia celebra os 40 anos do seu primeiro Congreso

0
CCOO de Galicia celebra os 40 anos do seu primeiro Congreso

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia celebrou hoxe os 40 anos do seu primeiro Congreso cun acto en Compostela no participaron, ademais de varias autoridades, unha representación da afiliación que participou na súa fundación. Entre elas Tensi Álvarez, delegada no I Congreso, que lembra como co seu nacemento entrou tamén a loita feminista no sindicato.

“Loitabamos por outro modelo de Estado a poucos anos da morte do ditador”, conta a Nós Televisión. Unha desas loitas que ela mesma protagonizou foi a introdución en CCOO da reivindicación feminista. “Conseguimos que se tratara como outra problemática máis”.

O retorno ao pasado: a persecución do Partido Popular

Tensi Álvarez é moi crítica con este “retorno” ao pasado que estamos vivindo e amósase indignada cando o PP iguala o fascismo co comunismo.

CCOO nace nos anos cincuenta froito da loita antifranquista e tería un importante protagonismo nalgunhas loitas obreiras que foron reprimidas pola ditadura. En Galicia tivo que agardar ata 1977 para saír da clandestinidade. Ao ano seguinte tería o seu primeiro Congreso Nacional coincidindo coa loita do desaparecido astaleiro Ascón.