O BNG reclama á Xunta máis centros de día para a comarca de Compostela

A deputada Montse Prado e voceiros do BNG da comarca de Santiago proporán máis centros de día nos Orzamentos da Xunta

O BNG reclama á Xunta máis centros de día para a comarca de Compostela. Será unha das principais iniciativas que trasladará en forma de emenda ao proxecto de Orzamentos do Goberno galego para 2018. A proposta presentárona en rolda de prensa en Santiago a deputada Montserrat Prado, os portavoces municipais do BNG en Compostela, Rubén Cela; en Ames, David Santomil; e en Manuel Anxo Fernández Baz; e Pilar Lueiro, membro do consello comarcal. Prado denunciou a situación de abandono do sector maior da poboación neste eido desde que chegou Feijóo ao goberno.

Os responsables locais do BNG explicaron a situación de cada municipio insistindo na imprescindible necesidade de contar canto antes con novos equipamentos que resolvan esta grave problemática.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Montse Prado explicou tamén que segundo os datos do CES revelan que máis do 60% dos centros de día en Galiza son de titularidade privada e o resto, os de xestión pública, son herdanza da planificación do Goberno anterior ao PP.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -