Home Programas Área Compostela Martiño Noriega e Daniel Salgado presentan o seu libro de conversas “A contradición permanente” en Compostela

Martiño Noriega e Daniel Salgado presentan o seu libro de conversas “A contradición permanente” en Compostela

0
Martiño Noriega e Daniel Salgado presentan o seu libro de conversas “A contradición permanente” en Compostela

Non se publican moitos libros de reflexión política no noso país. A maior parte das obras escritas na nosa lingua son de ficción e se cadra tería que apostarse máis polo ensaio. Xerais entendeuno así cando decidiu dar saída a un libro de conversas entre o xornalista Daniel Salgado e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega que, co título de “A contradición permanente”, tenta reflexionar sobre a actualidade política galega e internacional dos últimos cinco anos. Para o editor, Manuel Bragado, é fundamental este tipo de obras para o panorama galego.

O libro presentarase ao público nun acto o día 28 de novembro na cidade de Santiago.

Os autores explicaron como xurdiu a obra a medio camiño entre o punto de inflexión político que se viviu a nivel nacional e intenacional e a posición de incomodidade propia diante dos acontecementos.